Tuesday 14 de May de 2024

Donald Trump e as súas polémicas decisións políticas, protagonistas da batalla dialéctica dos ‘xenerais da Ulla’ de Fao, no Concello de Touro


O novo presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, e as súas polémicas decisións políticas durante as primeiras semanas ao fronte da Casa Braca protagonizaron este ano a batalla dialéctica dos ‘xenerais da Ulla’ de Fao na súa tradicional ‘Antroidada’. “Hasta aquí ha gobernado / un Obama muy idealista / ahora quien toma el mando / es mucho más populista”, dixo un ‘xeneral’ no campo da festa de Fao, onde a partir das 17.00 horas concentráronse os xinetes, que luciron os seus vistosos e coloridos traxes napoleónicos. A choiva non impediu a presencia de veciños e forasteiros que foron situándose baixo unha carpa instalada no campo da festa. Cando empezou a batalla diálectica asomou o sol durante un bo ratiño. “Sus caóticas proclamas / sobre política exterior / anticipan terremotos / de incalculable temblor”, dixo gritando outro dos ‘xenerais’ dende o centro do campo da festa, onde se concentraron uns dez xinetes. “Dispuesto a finalizar / con las antiguas alianzas / amenazando con otras / que inspiran gran desconfianza”, contestoulle outro ‘xeneral’. E non tardou en chegar a réplica. “También entre ceja y ceja / tiena clavada una idea / el tratar de disolver / mismo a la Unión Europa”. E outro ‘xeneral’ apuntou: “Otro de sus objetivos / como es público y notorio / acabar con la emigración / al sur de su territorio”. “Pretende construir un muro / como habréis oído hablar / que impida a los mexicanos / su frontera transpazar”, finalizou con este copla otro de los ‘xenerais’.

A ‘Antroidada’ comenzou pasadas as 17.00 horas. A esa hora o campo da festa de Fao, pese á choiva, comenzou a recibir á xente. Moitos veciños acudiron disfrazados. Todos os que asistiron hoxe poideron desfrutar dunha alegre, divertida e chuviosa ‘Antroidada’. Abriron o festexo os integrantes da ‘Rumba da Susita’, dende o palco do campo da festa, como xa é tradición. A continuación comenzou o debate dialéctico dos ‘xenerais da Ulla’. Os xinetes situáronse nun recinto pechado en círculo ubicado no centro do campo da festa, adornado con mimosas e baixo unha carpa. E alí, tras darlles o alto o centinela, comenzou a confrontación verbal. E saíron a relucir as cuestión políticas tamén de ámbito nacional, onde non faltou un dos temas máis socorridos: a corrupción política. Os ‘xenerais da Ulla’ replicaron e contrarreplicaron ante os vecinos durante unha media hora. Non faltaron, posteriormente, ‘os consellos dos frades’, que predicaron en verso anécdotas sucedidas na parroquia de Fao e nos arredores. O espectáculo rematou co ‘Enterro do Antroido’. O Concello de Touro pechará o entroido o próximo domingo co desfile dos ‘xenerais’ polas rúas de Fonte Díaz.